jueves, 9 de junio de 2011

instalación no antigo cárcere provincial



baixo o lemaliberdad-é”, no contexto do antigo cárcere da coruña, o colectivo mano izquierda quere rendir tributo a os poucos recursos anti-tolemia cos que podería contar un preso nunha destas celdas. a súa imaxinación coma único xeito de sair de estas catro paredes. os seus soños de liberdade, de verse algún día nun fogar onde entrara a luz a esgalla. o inmenso pracer de poder botarse na herba e poder sentir e vivir as mesmas necesidades de calqueira animal libre. tamén é un tributo ás ferramentas creativas coma válvula de escape, a existencia destes mundos paralelos onde a consciencia do físico pode pasar a un segundo plano.
e por último, xa de xeito máis poético, rendimos tributo ás moscas das celdas, compañeiras voadoras, ás veces molestas,ás veces mordedoras, pero compañeiras. imaxinamos posibles diálogos, xogos, momentos de caza, pensamentos de  desexar ser mosca. coma estes presos, reducidos a moscas, tildadas de molestas, coas súas vidas anónimas, moscas sen alas.
advertimos a súa presenza e o perigo de reducir a unha persoa á categoría de insecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario